viernes, 18 de octubre de 2013

Magostiño

Como tiñamos as castañas que fomos apañar o outro día decidimos facer un magosto pequeniño, un MAGOSTIÑO, só para nós, no patio da escola.

Fomos apañar candeas e puxémonos o labor. Apresa, que o ceo estaba tinguido de nubeiros de chumbo e non queríamos que nos pillara a chuvia.

As castañas asáronse e dímonos unha enchenta con elas.

Mentras, fora chovía e chovía....

E nós rematamos recordando todo o que traballáramos para o Magostiño:

- apañar castañas.
- escoller as mellores.
- colocar as candeas no chan.
- botar no medio as castañas.
- tapalas con máis candeas.
- prender lumer.
- esperar a que se apague.
- recoller as castañas asadas.
- e..COMELAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario