lunes, 21 de octubre de 2013

O rato que comía gatos

Este precioso conto de Rodari está editado por SM, e chegou o outro día á nosa Biblioteca.
Como estamos en octubro, o mes das bibliotecas, dicidimos traballar con el "a fondo".
E convertímonos en ratiños de biblioteca para comer de tooooodo, pero iso si, seleccionando a comida.
Un día só comimos de libros "para ler acompañados", outro día,dos libros "do contorno", outro, "libros do 5", e así, un día tras outro, estamos a darlle un bo repaso á nosa biblioteca.



viernes, 18 de octubre de 2013

Magostiño

Como tiñamos as castañas que fomos apañar o outro día decidimos facer un magosto pequeniño, un MAGOSTIÑO, só para nós, no patio da escola.

Fomos apañar candeas e puxémonos o labor. Apresa, que o ceo estaba tinguido de nubeiros de chumbo e non queríamos que nos pillara a chuvia.

As castañas asáronse e dímonos unha enchenta con elas.

Mentras, fora chovía e chovía....

E nós rematamos recordando todo o que traballáramos para o Magostiño:

- apañar castañas.
- escoller as mellores.
- colocar as candeas no chan.
- botar no medio as castañas.
- tapalas con máis candeas.
- prender lumer.
- esperar a que se apague.
- recoller as castañas asadas.
- e..COMELAS!

miércoles, 16 de octubre de 2013

A vendima

A escola rodeada de vendima e vendimador@s, non pode quedar fora, así que esta vez decidimos investigar acudindo as mellores fontes de información:

O alumnado da unitaria decidíu por unanimidade que eran, por este orde:
- a mamá.
- a avoa.
- o papá.

Na fase "coñecementos previos", quedou demostrado que algún dos alumnos- en especial Saul- era un verdadeiro erudito na materia a investigar, e que todos en xeral, tiñan coñecementos previos abondo.

Aínda así decidimos acudir as "fontes"  para responder a:

- Como pasa o mosto a ser viño?
- Que é un lagar?
- Que son os bocois?

Cadaquén escribíu o seu papeliño e fixo a súa propia investigación.

Un exitazo a elección das fontes. En dous días TODO RESOLTO, e POR ESCRITO!!!





martes, 1 de octubre de 2013

ALDEA TOTAL

Mentras esperabamos polas "obras", aproveitamos para aprender de excavadoras, camións, compactadoras, pavimentadoras..... unha chea de máquinas espectaculares que fixeron as delicias de nenos e nenas, cun  "profe" de luxo, o avó de Ruth, que nos foi explicando as diferentes procesos de traballo para o asfaltado das rúas.
E chegou o día que comenzaron a asfaltar e.....

a parte de diante da unitaria LIBROUSE DE ASFALTO!!!.

 As máquinas- sabiamente guiadas- fixeron unha maravillosa curva seguindo a linea orixinal do camiño e deixaron o frente do edificio liberado.

Agora teremos que seguir chamando ao Concello para que seguen a herba cando medre, teremos que pedir axuda a avoa de Samara para podar as hortensias. Ás veces, cando chova moito, haberá pozas, e teremos que poñernos as botas para saltar dentro delas..... enfín unha morea de traballo , pero

que lle imos facer se estamos na ALDETOTAL!!!

Esta vez libramos.