Mostrando entradas con la etiqueta unitaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta unitaria. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de octubre de 2013

ALDEA TOTAL

Mentras esperabamos polas "obras", aproveitamos para aprender de excavadoras, camións, compactadoras, pavimentadoras..... unha chea de máquinas espectaculares que fixeron as delicias de nenos e nenas, cun  "profe" de luxo, o avó de Ruth, que nos foi explicando as diferentes procesos de traballo para o asfaltado das rúas.
E chegou o día que comenzaron a asfaltar e.....

a parte de diante da unitaria LIBROUSE DE ASFALTO!!!.

 As máquinas- sabiamente guiadas- fixeron unha maravillosa curva seguindo a linea orixinal do camiño e deixaron o frente do edificio liberado.

Agora teremos que seguir chamando ao Concello para que seguen a herba cando medre, teremos que pedir axuda a avoa de Samara para podar as hortensias. Ás veces, cando chova moito, haberá pozas, e teremos que poñernos as botas para saltar dentro delas..... enfín unha morea de traballo , pero

que lle imos facer se estamos na ALDETOTAL!!!

Esta vez libramos.





viernes, 20 de septiembre de 2013

Estrada cortada por obras



Cando chegamos pola mañán, isto foi o que atopamos. E maquinaria: enormes palas e excavadoras e todo preparado para asfaltar:



Asfaltar o camiño estaba ben pero, preguntamos ao capazaz da obra, e díxonos que tamén ían asfaltar a parte de diante do edificio
- Precioso aparcamento vaille quedar-, díxome.
- Pero non precisamos dun aparcamento, querémola como está, co seu espacio arredor, con herba, hortensias e árbores, á beira do camiño.
- Pero señora, queda moito máis bonito o asfalto, e máis limpo.

Cumrpría un "claustro urxentísimo", e chamamos ao alcalde.

O alcalde escoitounos- been!- e díxo:
- É un proxecto da Diputación, verei que se pode facer.

Nós esperamos que se poda DESfacer.

lunes, 16 de septiembre de 2013

...como dicíamos onte...

Este curso na unitaria non hai "pequeniños", pois non hai alumnado de 3 anos, e como xa todos son "vellos", entraron o primeiro día pola escola adiante tan campantes.

Eu e as nais estabamos a saudarnos, comentar sobre o novo curso....falar... e nisto, decatámonos que todos os nenos saían correndo pola porta para fora.
-Que pasa?, onde ides?- pregunto eu.
- Imos ver o ceo, para poñer o calendario- dime Antón, e continúa- eu son encargado de día e xa pasei lista. Estamos co calendario pero tes que axudarnos para poñer o día, que non sabemos que número é- e seguíu aos outros.

As nais e eu quedámonos abraiadas.

Eo "periodo de adaptación"?

Era para ver. Nós a falar e eles a "dar clase".

Despedímos correndo e eu funme ao contacontos, onde facemos a asamblea das mañáns, e onde
xa todos de volta, estaban sentándose.

Antón díxo:

- Puxemos o cartaz de ceo con sol.

E eu contestei:

- Ben, pois como dicíamos onte.....


domingo, 15 de septiembre de 2013

CADERNOS DE VIDE 2

Comenzamos un novo curso e estreamos novo blog.

Somos: SABELA, SAMUEL, SAUL, SAMARA, SORAYA, BRANDÁN, ANTÓN, DIEGO, MARCOS, DANIELA E RUTH. Con nós están as nais e os pais, as avoase avós, irmáns e viciños, e por suposto as pandereteiras, grandes e pequenas.

Todas e todos ao redor da Unitaria e a súa Biblioteca, abrindo portas e ventanas para que o mundo entre na escola e a escola no mundo.